Unha aldea por descubrir.

Lavadoiros.

Nestas últimas semanas, estamos a traballar na procura de elementos etnográficos que forman parte intrínseca do `ROTEIRO DOS CORGOS´. Neste caso, centrámonos en localizar LAVADOIROS de a pé: lavadoiros individuais que se atopan enclavada a carón do curso do rego da auga. Están constituídos basicamente por unha pedra lancha: unha lousa cunha cara lisa, cunha inclinación duns 60 º o que permite lavar as prendas e levar escorrentía da auga de novo o rego.

Estes lavadoiros eran de titularidade familiar, pero de uso aberto  ao resto dos veciños, sempre e cando estiveran libres.

Lavadoiro dos de Rei.

O SAN XOÁN.

Penelas, 22 de xuño do 2019

O San Xoán na aldea de Penelas.

Dende Trinxidoiro queremos destacar a implicación veciñal na celebración do San Xoán 2019. Unha xuntanza na que medrou exponencialmente a participación dos comensais, consolidando este festexo como unha actividade anual de cita obrigada para moitos.

A dirección da Asoc. quere agradecer a todas-os veciñas-os a súa presencia e o labor feito, cunha mención especial os patrocinadores: HORTA DE DUBRA; YOLANDA TEJO, Estilistas; distribuidor FIESTAS, quen de forma desinteresada alentaron esta noite máxica con moitos agasallos na que non faltou a música do Tríoprata  de Xermán Soneira.

SAN XOÁN

Asoc. de veciños Trinxidoiro.

Un ano máis, entre todos-as os veciños e veciñas levaremos a cabo a celebración do San Xoán o sábado 22 de xuño no parque municipal de Penelas, o cal estades todas-os convidadas e convidados. So hai que ter ganas de compartir una cea Máxica na que non faltará: sardiñas;  música o vivo do Tríoprata; agasallos; cantina de Midón; cacharela; xogos populares; contos; queimada; pincha discos … un sen fin de sorpresas máis.

Alén de todo o dito para Trinxidoiro é unha das actividade na que tentamos recuperar o espírito veciñal           que permite estreitar os lazos que nos unen, un espazos onde compartir conversa cos veciños e familiares ,en dúas palabras `facer parroquia´.

Coa idea firme de que non morran no esquecemento o San Xoán e teñan a súa continuidade xeracional, dende Trinxidoiro dinamizamos esta festas ancestral que está chea de  valores sociais que nos identifica como pobo.

COMUNICADO

A semana pasada, chegounos á Asociación de Veciños un texto, vía whatsapp, que responde a J. M.M. Este conta con varios parágrafos, onde se fan acusacións tan fortes, á directiva de Trinxidoiro como: estafar os socios; quedarnos cos importes das subvencións;  malgastar os fondos … e un sen fin de calumnias que non teñen sustento algún.

Dado o alcance do agravio, decidimos, alén das vías xudiciais, facer este comunicado público, amosando o noso malestar e deixando as cousas claras, non dar marxe ao equívoco nin engano.

No podemos deixar que persoas alleas a esta veciñanza tiren por terra o traballo e esforzo, realizado polos/as lugareños/as, dende antes de constituír a Asociación, e a credibilidade nunha  da xunta directiva que é apoiada por todos/as os/as socios/as. Xa que se traballa dende a transparencia: todas as persoas que conforman esta asociación, de estar interesadas, poden acceder e ter á man a  información.

Parécenos lamentable que a día de hoxe, a sociedade conte con xente que vota a lingua a pastar sen medir as consecuencias, e pola que teñamos que facer publicacións deste tipo.  

ARQUIVO.

Pablo Sanmartin.

Dende a Asoc. TRINXIDOIRO, continuamos co Proxecto Documental: unha posta en valor do patrimonio cultural. Un traballo de carácter etnográfico que atinxe ás aldeas de Penelas e Tras Do Eixo. A través de gravacións, recollemos o testemuño vivo, a memoria do pobo (veciños), enmarcando as historias na análise de especialista na materia (historiadores, arqueólogos, xeógrafos, antropólogos..).

Nesta ocasión, tivemos a sorte de contar coa estimada colaboración PABLO SANMARTÍN LOPÉZ, arquiveiro do Concello de Teo. Diante das cámaras, analiza maxistralmente a historia que envolve á ambas aldeas, de máis de 300 anos de antigüidade: toponimia, evolución natural, restos arqueolóxicos…

Aproveitamos a ocasión para destacar a figura do ARQUIVEIRO-A na institución publica. Eles/as actúan como protectores da memoria colectiva dun pasado para que non se perda no tempo. Queremos recoñecer a ardua labor que o noso arquiveiro desempeña, pois non todas as localidades contan con este departamento; eiva que sen dúbida, afecta a unha boa parte da xeografía galega.

As Nosas queixas.

Nos últimos meses, as veciñas e veciños de Penelas e Tras do Eixo, asistimos a unha vaga de  `ataques´ intencionados, por parte dalgúns desalmados-as, sobre diferentes elementos do –Roteiro dos Corgos-. Actos vandálicos, como sempre inxustificados que atentan contra o esforzo do colectivo da veciñanza que formamos TRINXIDOIRO.

Esta claro que é máis doado destruír que construír; tirar a pedra e esconder a man; criticar e non participar… Por moito que arrinquen os indicadores, enchan de vasoira os espazos públicos, cambien os paneis, atasquen a canle de auga, etc. A unión e a forza deste colectivo sempre estará por riba das accións minoritarias que nunca chegaran a ningures.

OS NOSOS AVÓS

Os protagonistas desta fin de semana son de dereita a esquerda: Manuel Fernández Seoane, Antonia Banzas Illodo, María Barreiro Giau, Edelmira Fernández Aris e Manuela Fernández Seoane.

Unha tarde de inverno inesquecible, chea de recordos, penas e risas.  A cámara de Carlos Iglesias recolle as conversa do comité de sabios do lugar que dende Trinxidoiro, queremos dar a coñecer a través do documental. O propósito desta xuntanza é por un lado, evitar a ruptura da cadea da transmisión oral das costumes, ritos e tradicións que mantiveron durante séculos unidas as aldeas de Penelas e Tras do Eixo , e por outro, manter o legado nun período no que os piares da sociedade parecen tambalearse.

Queremos agradecer os av@s a súa implicación e colaboración prestada.

DOCUMENTAL

O pasado fin de semana, demos comezo á primeira sesión de gravación do documental que recollerá o rico  patrimonio cultural desta zona chea de lendas, historia, tradición, sabedoría, construcións…

Contamos coa participación dos veciños de Penelas e Tras do Eixo, por iso, dende a Asc. TRINXIDOIRO queremos agradecer a todas e todos por mergullarse e  implicase nesta actividade singular, subvencionada polo concello de Teo. Queremos mencionar en  especial á dirección da cámara Carlos Iglesias e Cruz Lamas.

Día global da limpeza.

Coa efeméride do día global da limpeza dos leites fluviais celebrado o día 16 de setembro, a Asc. de veciños “Trinxidorio” súmase actuando na limpeza e mantemento no canle de auga do rego de Moldes (Penelas-Tras do Eixo). Con esta acción queremos promover e motivar ás persoas, da importancia que ten a auga, así como, a relevancia de manter viva as construcións populares que se artellan como parte do uso e do aproveitamento lóxico deste recurso renovable (muíños, corgos, presas, tornas, batáns..). Os veciños convertémonos en axentes activos no desenvolvemento sostible e equitativo dado que xogamos un papel fundamental na sociedade en temas ambientais, onde se fomenta o cooperativismo e sensibilidade polo noso patrimonio. 

O parque de PENELAS

É unha verdadeira ledicia

desfrutar e ver como os máis cativos tamén o fan nun espazo verde como é o parque municipal que temos en Penelas. Dende as últimas melloras acometidas polo concello de Teo, gracias a implicación veciñal, cada día son máis as familias que se achegan a este xardín para gozar das instalacións e mais dunha contorna natural onde se respira sosego e tranquilidade.

O certo é que os parques infantís públicos teñen un rol moi importante no desenrolo dos nenas e nenos: son dos poucos lugares onde  poden interactuar, xogar, desfrutar con outros do seu igual dun xeito seguro. Para os pais é un espazo de convivencia e experiencia dentro dos vínculos da comunidade.

Para Asc. de veciños Trinxidoiro, o parque é unha icona que representa moi ben os noso ideais.