O pasado fin de semana, demos comezo á primeira sesión de gravación do documental que recollerá o rico patrimonio cultural desta zona chea de lendas, historia, tradición, sabedoría, construcións…
Contamos coa participación dos veciños de Penelas e Tras do Eixo, por iso, dende a Asc. TRINXIDOIRO queremos agradecer a todas e todos por mergullarse e implicase nesta actividade singular, subvencionada polo concello de Teo. Queremos mencionar en especial á dirección da cámara Carlos Iglesias e Cruz Lamas.