Nos últimos meses, as veciñas e veciños de Penelas e Tras do Eixo, asistimos a unha vaga de `ataques´ intencionados, por parte dalgúns desalmados-as, sobre diferentes elementos do –Roteiro dos Corgos-. Actos vandálicos, como sempre inxustificados que atentan contra o esforzo do colectivo da veciñanza que formamos TRINXIDOIRO.
Esta claro que é máis doado destruír que construír; tirar a pedra e esconder a man; criticar e non participar… Por moito que arrinquen os indicadores, enchan de vasoira os espazos públicos, cambien os paneis, atasquen a canle de auga, etc. A unión e a forza deste colectivo sempre estará por riba das accións minoritarias que nunca chegaran a ningures.
