ARQUIVO.

Pablo Sanmartin.

Dende a Asoc. TRINXIDOIRO, continuamos co Proxecto Documental: unha posta en valor do patrimonio cultural. Un traballo de carácter etnográfico que atinxe ás aldeas de Penelas e Tras Do Eixo. A través de gravacións, recollemos o testemuño vivo, a memoria do pobo (veciños), enmarcando as historias na análise de especialista na materia (historiadores, arqueólogos, xeógrafos, antropólogos..).

Nesta ocasión, tivemos a sorte de contar coa estimada colaboración PABLO SANMARTÍN LOPÉZ, arquiveiro do Concello de Teo. Diante das cámaras, analiza maxistralmente a historia que envolve á ambas aldeas, de máis de 300 anos de antigüidade: toponimia, evolución natural, restos arqueolóxicos…

Aproveitamos a ocasión para destacar a figura do ARQUIVEIRO-A na institución publica. Eles/as actúan como protectores da memoria colectiva dun pasado para que non se perda no tempo. Queremos recoñecer a ardua labor que o noso arquiveiro desempeña, pois non todas as localidades contan con este departamento; eiva que sen dúbida, afecta a unha boa parte da xeografía galega.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *