
O San Xoán na aldea de Penelas.
Dende Trinxidoiro queremos destacar a implicación veciñal na celebración do San Xoán 2019. Unha xuntanza na que medrou exponencialmente a participación dos comensais, consolidando este festexo como unha actividade anual de cita obrigada para moitos.
A dirección da Asoc. quere agradecer a todas-os veciñas-os a súa presencia e o labor feito, cunha mención especial os patrocinadores: HORTA DE DUBRA; YOLANDA TEJO, Estilistas; distribuidor FIESTAS, quen de forma desinteresada alentaron esta noite máxica con moitos agasallos na que non faltou a música do Tríoprata de Xermán Soneira.